We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Marus​í​a

by Onirismo

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Marusía - Limited Edition CD
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    6-Panel Digipak editado por Red Truth Productions.
    Artwork por Pawel Czerwiński.

    Includes unlimited streaming of Marusía via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Alustros de luz bailan Á veira do mar Espértanme as ondas Sei que este é o final
2.
Tronos resoan por proa Axítame o mar en un hostil movemento Abro os ollos, a escuras Con medo a caer, sinto a ira das augas Eu que voei coas gaivotas Sen alas, encima do mar Con sangue e salitre nas venas Aquí xacerá un capitán Fúndese o barco E con el eu heime de ir Co ruxir da marusía Sempre ben dentro de min
3.
Cores que brillan, flotando eu vexo pasar As ninfas que a recollerme pronto virán O calor do sol rozándome a pel As noites de inverno con leite e mel As luces do porto onde descansei E as terras que nunca pisarei Leva a corrente todo o que vivín A brisa na cara que un día sentín A area da praia, os días sen fin No océano onde morrín Burbullas azules e brancas Titilan o verme chorar Esquezo os dias pasados Pero nunca o cheiro do mar
4.
Vai e ven a ondada, ven e vai Vai a costas do mar, debaixo do ceo Mexe os soños do capitán Que durme, que durme Para nunca mais volver a ver O lume, o lume Para nunca mais volver a ver As brasas do lume que xa se apagou Repousa, mariñeiro
5.
Ecos da voz que me guía o verme perdido Miraxes de luz e algodón O branco calixe, o que cofea o meu pelo Dun corpo á deriva no mar Nubes de brétema Suaves, calmas Gotas de auga queren As ondas domar Brincan as peixes dun lado a outro sen min Lembran o vello pescador No medio da bruma xa non me han de encontrar Só no horizonte Os mares velan a morte dun máis Marchou o mariño coa néboa a ondear
6.
O Descenso 05:32
Negras son as mans que tiran de min sen parar Do meu corpo pesado, canso de viaxar Comeza o descenso, comezo a afondar Grandes, negros ollos Que escapan do sol Cada vez máis lonxe Baixo sen control Sen lúa dunha noite máis A todo digo adeus Xa só quedo eu Lonxe me quedan as risas dos nenos Quixera ver a súa cara outra vez Non esquezades, tamén este ano As xestas han de florecer
7.
Negra mar, alcatrán Preta a min, de frío corazón Somos un, nada máis Sombra e sal, apértame para sempre Silencio apracible Do mar, unha vaira Onde o transcurso Do tempo detén Sanda as cicatrices Con gotas de tinta Co apreixo da tebra Que todo fai seu Berran as pedras Ó, capitán Chouta a area Ao fondo tocar
8.
Leito 01:59
9.
Leva hoxe a brisa Un aire peculiar Que coa auga das mareas Á costa foi chegar Sentiuna o marisqueiro Cando ás rocas foi pegar Como se a alguén lle lembrara Non deixaba de cantar Bate a corrente Cos raios de luz O argazo e os recordos Non deixa a ningún Coma se o soubera O mariscador Chóralle ás gaivotas Que veñen de ao redor
10.
Voces na distancia, ¿chamarán por min? ¿Levarei durmindo moito tempo solo aquí? Vin o cachalote e a balea gris As candorcas e as belugas E a todos coñecín Xa detrás delas Eu púxenme a nadar Mentres nos seguían Todo o resto de animais Entón divisei, vin o castelo De pedra e coral Foi onde todos Me invitaron a entrar Abriron as portas E diante de min Alí estaban todos Os que un día perdín Cando a caterva por fin me aceptou E a porta detrás de todos cerrou Quero pensar que por ultima vez O neno ben dentro de min navegou

about

A historia da darreira viaxe dun mariñeiro, a través do mar e as profundidades, contada ao longo de 10 cancións.

"Marusía" é o cuarto álbum de Onirismo, un álbum conceptual en galego sobre a vida e a morte no mar, narrada a través das experiencias dun mariñeiro náufrago.
_______________________________

The story of a sailor's last voyage, through the sea and the depths, told over 10 songs.

"Marusía" is Onirismo's fourth album, a conceptual album in Galician about life and death at sea, narrated through the experiences of a shipwrecked sailor.

credits

released September 17, 2021

Música, letras e voces por Adrián Castro ("Kablo")
Voces adicionales por Adam López (The Art Of Wizarding)
Fotografía por Pawel Czerwiński
Diseño por Adrián Castro

"Marusía" foi composto, gravado e mesturado de forma totalmente independente entre xuño e setembro de 2021 en Ponts (Lleida).

license

all rights reserved

tags

about

Onirismo Lleida, Spain

Onirismo es un proyecto musical solista de neocrust y post-metal creado por Kablo (Adrián Castro).
Toma influencias de estilos tan dispares como el post-rock, el hardcore punk y el black metal.
_____________

Onirismo is a Spanish solo neocrust and post-metal project created by Kablo (Adrián Castro).
Its influences are many: genres such as post-rock, hardcore punk and black metal.
... more

contact / help

Contact Onirismo

Streaming and
Download help

Report this album or account

Onirismo recommends:

If you like Onirismo, you may also like: